Unha patrulla da Policía Local é o Grumir de Redondela tivo que actuar na mañá de hoxe para evitar que unha vaca solta na zona de o Coto en Cesantes accedese á estrada nacional 550 entre Redondela e Pontevedra co conseguinte risco para os condutores.
Unha veciña da parroquia de Cesantes alertaba ás nove da mañá de hoxe de que unha vaca que tiña nunha leira saltara o cercado descoñecéndose o seu paradeiro. Ante o aviso o servizo da policía local decidiu montar un operativo para tentar localizar e controlar ao animal e evitar así o risco de que se producira algún accidente no caso de que a vaca accedera á N-550.
Malia todo e ante a imposibilidade de atopar ao animal, o operativo desmontouse dúas horas despois do seu inicio ao seren requeridos os axente para desenvolver outras servizos.