En solidariedade coas familias de vitimas do accidente de ferrocarril o Concello de Soutomaior anuncia o aprazamento do Festival de Clausura das Actividades de Verán 2013 que se ía celebrar o sábado 27 e trasladalo ao sábado 10 de agosto ás 21:30 horas no Peirao de Arcade (en caso de mal tempo no Pavillón).
Así mesmo aprázase o Festival Folclórico do domingo 28 para unha data que se comunicará oportunamente. Dende o Concello de Soutomaior amosan o seu máis cariñoso e sentido pésame ás familias dos falecidos e desexan aos feridos unha evolución positiva no seu restablecemento.