Os voceiros dos grupos políticos con representación na corporación así o decidiron nunha reunión celebrada na mañá de hoxe na que acordaron sumarse aos sete días de loito decretados polo Goberno Galego en sinal de homenaxe e lembranda ás vítimas e familiares do descarrilamento do tren Alvia o pasado mércores en Santiago. Na mañá de hoxe preto dun cento de veciños concentráronse ás portas do concello e protagonizaron uns sentidos minutos de silencio.
Na mesma hora na que se coñecían os últimos datos da Policía Científica que rebaixa a 78 o número de mortos no accidente de tren de Santiago, ao redor de 80 persoas se concentraban ás portas da Casa do Concello para amosar a súa solidariedade coas vítimas e os seus familiares. Unhas mostras de respeto que se repetiron en practicamente todos os edificios das Administraciósn en calquera punto da comunidade. Minutos antes, os voceiros dos grupos políticos acordaban asumir os sete dáis de loito decretados pola Xunta de Galicia. Un loito institucional que se traduce na cancelación das actividades culturais e festivas que estaban previstas de cara aos vindeiros días organizadas dende o Concello. Unha medida que afecta á proxección das curtametraxes Un café de ollos verdes e Memorias dun parado enmarcadas dentro do ciclo Cinema na rúa e previstas para o vindeiro martes. Posponse tamén o festival de música tradicional que ía ter lugar na praza da Casa da Torre o mércores 31 con actuacións a cargo da escola de música de San Vicente de Trasmañó, as pandeireteiras e os gaiteiros Terra Meiga de o Viso e o grupo Froles Mareliñas.