As augas de Vilaxoán e Mugardos foron escenario na fin de semana de dúas regatas correspondentes á liga galega de traiñeiras e nas que Samertolaméu volveu demostrar a súa superioridade facéndose coa vitoria en ambos os dous casos. Unha embarcación que parece non ter rival logo de sumar onte o seu quinto triunfo consecutivo. Mentres os remeiros de Chapela mantéñense no terceiro posto na clasificación xeral pero acurtan distancias con Cabo da Cruz, situada no segundo posto.
Samertolaméu amósase intratable logo de lograr dúas vitorias máis nesta fin de semana, o sábado na XIX Bandeira Concello de Vilargarcía disputada en augas de Vilaxoán e onte domingo na proba disputada en augas de Mugardos. Esta embarcacións é primeira na clasificacións xeral a sete punto sobre Cabo de Cruz, traiñeira á que lle está custando seguir a estela dos de Meira e que nas últimas regatas foi superada pola embarcación de Chapela.
Os afeccionados ao remo teñen este mércores unha cita co Campionato galego de traiñeiras que se disputada pasado mañá en Vilaxoán despois de que a organización decidira suspendelo o pasado día 25 como mostra de respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Santiago.