Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica unha programación cultural que o edil Julio Alonso cualifica “de primeiro nivel”

RR_Noticias

O concelleiro de cultura Julio Alonso amósase sorprendido polas declaracións efectuadas por Eduardo Reguera nas que cualificaba o programa cultural do verán de “pobre” e “carente de calquera achega novidosa”.  O edil redondelán cre que se está a tratar inxustamente aos distintos artistas que se van a achegar a vila dos viaductos nas vindeiras semanas.

Dende o PP destacan que a programación cultural que se vai desenvolver nas vindeiras semanas permitirá aos redondeláns “gozar da presencia dalgúns sinalados artistas do noso país coma Roi Casal, A Roda, Odaiko ou Carapaus”. Julio Alonso, malia as palabras de Reguera que cualificaba esta programación de “pobre” amósase “orgulloso do nivel artístico das actuacións previstas xa que ademais da música mais nosa, artistas internacionais como a Lagniappe Brass Band (New Orleans) ou os hindús Vikas Tripathi e Rajib Karmakar configuran unha programación variada e completa, a que engadimos o espectáculo dos galegos Cair Circo, o music hall de Cristian Samil, o festival de Artistas de Rúa, a festa fin de verán e como non, o Entroido de Verán”. Engade o concelleiro popular que “ata o propio líder socialista tivo a oportunidade de actuar como membro da Rondalla de Redondela”.
Dende o PSOE subliñaban nas súas críticas que dentro da “programación se incluíron tamén as actividades levadas a cabo por centros culturais e comisións de festas” ao entender dos socialistas para “avultar unha programación que en caso contrario quedaría moi pobre”. Con todo Julio Alonso salienta o positivo desta decisión que permite “promocionar axeitadamente os eventos organizados polos colectivos veciñais e parroquiais” e que en ningún caso con esa decisión “se pretende disimular ningunha carencia na programación do concello, xa que temos previstas mais de 25 actuacións ao longo do verán, superando amplamente as 15 que programou Reguera no seu derradeiro programa de verán.”
Por último, o responsable de cultura quixo desmentir os supostos desacordos en torno ao Convenio Interparroquial. “Non sei quen informou a Eduardo, pero trabucouse completamente. O convenio está funcionando con total normalidade, e non debera facer declaracións irreponsables que non teñen ningún fundamento.”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará