Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello estuda limitar a realización de actividades en Arelonga para evitar o seu deterioro

RR_Noticias

O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros recoñece que na praia de Chapela están a aparecer cravos e cascallos de obra como consecuencia da celebración na praia das fogueiras de San Xoán e lamenta que “as medidas de limpeza adoptadas polos organizadores resultaran insuficientes”. Apuntan que dous operarios están a traballar diariamente en Arealonga para deixar o areal en boas condicións.

Alvarez Ballesteros recoñece que “o uso de palets e refugallos de obra para a fogueira celebrada en San Xoán no areal provocou a aparición de cravos que se desprenderon trala queima, co conseguinte perigo para os usuarios” e lamentou que as medidas de limpeza tomadas polos organizadores resultasen insuficientes. Por ese motivo asegura que xa se procedeu a realizar unha limpeza complementaria encamiñada “a retirar ese restos e outros obxectos por parte dos operarios que limpan diariamente Arealonga, para deixala praia nas mellores condicións. Engade que se trata dunha labor “difícil” pero que “os traballadores están a facer todo o posible por retirar calquera obxecto perigoso”. O edil anuncia tamén que estudan a posibilidade de limitar a realización de actividades na praia para evitar o seu deterioro e que así llelo trasladarán ao Consello parroquial en vindeiras datas Con todo, Angel Alvarez tamén asegura que esta praia se atopa en moito mellor estado que en anos anteriores grazas ao esforzo realizado por parte da concellería que preside.  

Miguel Angel Alvarezedil de Medio Ambiente
Recoñece que a fogueira de San Xoán provocou que na area quedaran obxectos molestos para os bañistas
En estado aceptable
Entende que a praia se atopa nun estado aceptale malia que sexa necesario realizar unha limpeza máis profunda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará