Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha factura de 731 euros enfronta a PP e oposición

RR_Noticias

Mentres PSOE e BNG criticaban que se pagasen con cartos públicos un acto que cualificaban de partidista, o PP defendía o seu cargo ás arcas municipais por tratarse “dun acto de promoción do concello de Redondela”. A factura, por valor de 731 euros corresponde ao aluguer do Pazo de Santa Teresa.

A factura en cuestión fai referencia ao aluguer do Pazo de Santa Teresa en xullo do pasado ano coincidindo coa retransmisión dende Redondela do programa radiofónico “La Brújula” de Onde Cero que se emitiu dende o Multiusos da Xunqueira. Segundo explicaron os populares o Pazo alugouse para que os convidados a esa edición especial do programa, entre os que figuraban o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e o da Deputación Rafael Louzán, entre outros membros do PP, puideran preparar as súas intervencións. Un acto que tanto PSOE como BNG cualificaron de “partidista” xa que ao mesmo non estaba convidado ningún membro da oposición “como así o establece o protocolo cando ven o presidente da Xunta” segundo explicou a nacionalista Cecilia Pérez Orge. No mesmo sentido de manifestaba o socialista Eduardo Reguera quen criticaba que o concello tivera que abonar cantidade algunha pola celebración dese acto “cando a retransmisión do programa xa lle custou ás arcas públicas 35.000 euros, pagados pola Deputación”. As dúas formacións entendían en  base a eses argumentos que a factura debía ser asumida polo PP e non polo Concello. Opinión que non comparte o goberno local que defendía o acto como un xeito de promocionar Redondela en todo o territorio estatal. A edil Ana Alonso rexeitaba ademais que se tratase dun acto partidista xa que non foron convidados os representantes do PP senón os responsables do goberno galego e provincial. Malia a polémica e as críticas a aprobación desas e doutras facturas por valor de 17.000 euros contou tan só cos votos en contra dos dous edís do BNG.  

Cecilia Pérez Orge BNG
A nacionalista criticaba o pago da factura por tratarse "dun acto partidista"
Eduardo Reguera PSOE
Un acto ao que non foron convidados os membros da oposición
Ana Alonso PP
A concelleira do PP asegura que as autoridades asistiron ao acto non como membros do PP senon como responsables do goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará