Son un total de 11 agrupacións da localidade as que recibirán estas axudas, que o organismo provincial tamén concedeu a outros colectivos musicais de Fornelos de Montes e Soutomaior. Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a cultura, fomentando e promovendo actividades culturais como as que desenvolven as bandas de música, grupos de gaitas, corais, agrupacións de baile, pandereteiras e outras asociacións culturais.
En Redondela foron 11 as entidades beneficiadas, cunha achega de 9.997 euros. Trátase do Grupo de Baile Anaquiños, a Asociación Cultual e Social de Chapela, Círculo Cultural e Recreativo de Chapela, Centro Social, Deportivo e Cultural Chan das Pipas, Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde, Círculo Cultural e deportivo de Cesantes, Coral Alvedosa, Coral Polifónica Ondas do Mar de Vigo, Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira, Asociación Cultural de Pandereteiras e Choqueiras de Redondela e Asociación Cultural de Froles Mareliñas. A entidade de Fornelos de Montes Anduriña recibiu 801 euros, e a Agrupación Musical Artística de Arcade 956 para a adquisición de instrumentos. Vigo foi o concello máis beneficiado da bisbarra por esta liña de axudas, xa que se concederon 22.379 euros en subvencións para un total de 26 entidades.