Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela, entre os máis grandes do remo

RR_Noticias

O C.R. Chapela rematou en cuarta posición no Campionato de España de Traiñeiras disputado onte en Moaña. Os redondeláns pechaban a quenda de honra por detrás de Kaiku, que revalidou o seu título, Orio e Tirán, as tres da liga San Miguel-ACT. Os de Arealonga non entraban en ningunha quiniela para meterse na final, pero contra todo prognóstico deixaron fóra a Samertolameu e compartiron protagonismo con tres dos dos grandes do remo estatal.

 
 
Algo irregulares durante a primeira parte da Liga Galega A esta tempada, o C.R Chapela deu unha verdadeira lección de superación, botando por terra todos os prognósticos. E non é a primeira vez que son quen de sorprender na elite do remo, xa o fixeron o ano pasado ao clasificarse para a Bandeira da Concha, e fixéronse un oco entre os sete finalistas da proba considerada como “a olimpíada do remo”. E poida que este ano non sexan quen de repetir, xa que ao estar fóra dos dous primeiros postos da LGT, non foron convidados. Quédalles a posibilidade dalgunha renuncia, pero aínda non está confirmado. O único que teñen na súa man é aproveitar o bo momento para facerse con algunha bandeira.A Liga Galega continuará a próxima fin de semana en Coruña coa Bandeira Teresa Herrera os días 10 e 11 de agosto, continuará o 18 de agosto coa Bandeira Concello de Moaña e rematará o día 25 deste mes coa Bandeira Concello de Boiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará