Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama o arranxo do Campo de Fútbol do Viso

RR_Noticias

O tema foi tratado no último Consello Parroquial, e ante a inminencia do inicio da temporada, desde o BNG demandan unha solución ós problemas desta infraestrutura deportiva “en estado de abandono”. O grupo nacionalista lembra ó goberno local se comprometeu na campaña electoral a mellorar estas instalacións e solicitan a sinatura dun convenio coa Deputación para arranxalo.

O Bloque redondelán denuncia, como xa fixera no Consello Parroquial, que as instalacións do campo de fútbol do Viso están nunhas condicións “terceiromundistas”, tanto a propia cancha de xogo, como os vestiarios e bancadas. A demanda do BNG vai encamiñada a que as instalacións deportivas das parroquias estean “nas mesmas condicións” que as que existen no centro da vila, para o que piden que se asine un convenio coa Deputación para acometer o arranxo integral do campo de fútbol de O Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará