Con dous anos de atraso, o Centro de Deportes Náuticos de Chapela abre hoxe as súas portas para que todos os interesados poidan facer as súas inscricións de cara ao próximo curso, que comeza en setembro. Dos días 26 ao 30 de agosto terán xornadas de portas abertas con acceso libre.
O centro ofrece máis de trinta actividades diferentes de natación e ximnasia, que se impartirán na piscina, a sala de fitness, dúas salas de ximnasia e unha de fisioterapia. O prezo dos abonos oscilará desde os 23 euros mensuais para os nenos e maiores de 65 anos, e os 42 euros do bono familiar para catro ou máis membros. Con este bono os usuarios poderán participar en todas as actividades que se oferten nas instalacións. Entre as actividades que se ofrecen está o bikeindoor, cardiobox, fitpilates ou fitpower, ademais dos cursos de natación. O horario de atención ó público para inscribirse e recibir información é de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.