Desde este mércores e ata o venres día 16 a parroquia de Reboreda celebra as súas festas. Mañá, día da Asunción, será o día grande que comezará con pasarrúas, misa maior con procesión e tamén verbena coas orquestras Supremos e Canela.
Desde hoxe mércores a parroquia está en festas, os actos relixiosos de hoxe darán paso á verbena, cos grupos Suavecitos e Costa Branca. Mañá xoves será o día grande, que comezará cun pasarrúas polo centro da vila de Redondela, que logo de desprazará pola estrada de Pazos ata Reboreda. Logo celebrarase unha multitudinaria procesión na honra da Virxe da Asunción, que sairá despois da misa maior que comezará ás 12.00 horas. Pola noite terán verbena, e despedirán as festas o venres coas celebracións de San Roque, haberá procesión e logo verbena coas orquestras Xacobeo e Os Embaixadores. Manuel Abad, da Comisión de Festas, agradece a colaboración de todos os veciños para poder facer posible esta festa e convida a todo o mundo a participar dunha celebracións “para todos os públicos”.