A multitudinaria procesión da Virxe foi un ano máis o acto central destas festas da Asunción, que comezaron xa o mércores e que rematan este venres con actos relixiosos, procesión e verbena coas orquestras Xacobeo e Embaixadores.
Multitude de fieis participaron un ano máis na tradicional procesión da Virxe en Reboreda, na que participaron os nenos e nenas vestidos de primeira comuñón e os máis pequenos ataviados de anxos. A Virxe fixo o camiño nun carro e tamén se celebrou a poxa, que tivo lugar despois da procesión. Os asistentes poxaron por plantas, acios de uvas e ovos. O diñeiro recollido, a modo de donativo, é utilizado pola comisión para a organización das festas. Esta noite despídense coa verbena a cargo das orquestras Xacobeo e Embaixadores.