Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo 2013 comeza coa obra “Censura” retirada polo Concello redondelán

RR_Noticias

Os organizadores do certame inauguraron onte unha programación que se prolongará ata o próximo 6 de setembro. Fixérono na Praza do Conservatorio vello cun acto reivindicativo, como é habitual nesta cita transgresora e alternativa. E tamén con polémica, logo de que o Concello decidira retirar unha intervención artística na estatua de Castelao que formaba parte da mostra Artelixo 2013.

Trátase da obra “Censura: Acto de reprobación dun comportamento”, que consistía nunha televisión colocada na cabeza do escritor e debuxante galego. Segundo o creador da obra, Vanderlux, o obxectivo era “facer pensar sobre a mitificación de certas personaxes públicas que levan, as máis das veces, a esquecer a orixe do seu pensamento, e manter comportamentos contrarios aos que esa imaxe representa”. Según Vanderlux, é a reacción dos veciños e dos responsables públicos ao ver a intervención o que constitúe “a verdadeira obra de arte”. Para o artista o resultado é obvio: “hai cousas das que non se pode falar, ouvir, nin, por suposto, tocar”, e convida ó público en xeral a reflexionar sobre esta situación. Dende Artelixo lamentan o que consideran unha “censura” por parte do Concello. Con todo, as actividades continúan polas rúas de Redondela durante toda Sempre, claro está, que os mandatarios públicos o permitan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará