Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, idiomas, manualidades e ximnasia nos cursos do Centro Cultural Chan das Pipas

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde ofrece un total de 14 posibilidades de formación para o curso 2013 -2014. As actividades están destinadas a todo tipo de público, idades, gustos e apetencias. Clases de coiro, arte floral, elaboración de xabón natural, inglés desde 1º de primaria e playback son algunhas das novidades deste ano.

A organización aumentou este ano os grupos de baile, canto e pandeireta tradicionais, continúan coas clases de gaita, percusión tradicional, violín folk e acordeón. Na sección de idiomas reforzan a oferta de inglés para nenos e manteñen as mesmas clases para de adultos. Tamén hai alternativas para os que queiran poñerse en forma co aerobic, e os que prefiran facer traballos manuais poden iniciarse na arte do coiro ou da decoración floral. O curso de xabón natural permitirá ao alumando aprender a elaborar estes produtos de hixiene dun xeito artesanal. E para os que lle guste cantar e bailar teñen unha divertida alternativa co curso de playback, unha actividade ideal para mover o corpo e cantar sen desafinar. AO Centro Cultural Chan das Pipas ofrece un elenco de cursos diverso no seu contido “porque diversos son os gustos e intereses da sociedade”. Calquera persoa pode participar na actividade de formación, non é preciso ser socios. As persoas interesadas poden chamar aos teléfonos: 666 934 347 (Paulo) / 672 014 402 (Concha).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará