Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura, música e xogos para todos na Lúa Meiga

RR_Noticias

O miradoiro do Monte Outeiro Grande o Viso volve ser escenario dunha nova edición desta festa na que se misturan tradición e cultura galegas con moita diversión para todos os públicos. Un xantar popular, xogos e obradoiros para toda a familia, concertos e ata un percorrido en “Meighachimpíns” pola parroquia conforman o programa desta XII do Festival da Noite da Lúa Meiga.

Por “aclamación popular” o festival volve ó miradoiro, desde onde se pode contemplar unha espectacular panorámica da Enseada de San Simón e toda a comarca. Xosé Covelo, director do certame, explica que este cambio de ubicación supón “máis esforzo” para a organización con respecto ao Torreiro da Gándara, pero que paga a pena por ser un lugar “moi especial” na parroquia. A XII Noite da Lúa Meiga comezará no mediodía do sábado, día 31, cunha concentración de “Meighachimpíns”. Con estes típicos vehículos do rural decorados polos veciños da parroquia ábrese a festa, cun percorrido por diferentes barrios do Viso. Os asistentes poderán comer logo no recinto da festa xa que se organiza un “xantar popular” no que non faltarán o polbo, empanadas, chourizos, tortillas e outros produtos típicos. Pola tarde desde as 16.00 horas haberá actividades dirixidas ó público infantil, ao que Lúa Meiga reserva un lugar especial. Haberá xogos tradicionais como a chave, a ra ou o aro, xogos musicais con Emilio da Baña e obradoiros organizados pola asociación Xoeira. E non faltará a diversión para todos os públicos cos malabares e humor de Peter Punk e o seu espectáculo “A Chungatrona” ás 20.00 horas. Logo as actuacións musicais correrán a cargo do grupo de pandereteiras Terra Meiga, Os Melidaos, Os Fondaos do Pífaro, Os Terribles de Donas e Os Carunchos. Un ano máis a “festa rachada” está garantida no Viso.  

Xose Covelo director do festival
Un amplo programa de actividades para todos os públicos.
Miradoiro do Monte Outeiro Grande
O festival volve a este emprazamento con vistas panorámicas de toda a ría de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará