Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita coa gastronomía tradicional na parroquia de Moscoso coa XIII Festa da Chula

RR_Noticias

Esta parroquia de Pazos de Borbén celebra o domingo, 1 de setembro, unha das citas gastronómicas máis doces da bisbarra, a Festa da Chula. Este típico produto galego servirase en variedades con chocolate e toffe, ou con cabaza. O menú complétase coas sobremesas caseiras que achegan os propios veciños, e tamén outros pratos da gastronomía popular como churrasco, polbo ou empandas.

Chulas tradicionais, con chocolate e toffe ou de cabaza son algunhas das variedades que se servirán a partires das 11.00 horas. Gloria Peleteiro, da comisión de festas, explica que non faltarán os pratos caseiros que achegan os propios veciños da parroquia: sobremesas dos gustos máis variados, tortillas e empanadas. As racións de churrasco, paella e polbo son outras ofertas gastronómicas para contentar aos padais máis esixentes. Peleteiro destaca que son moitos os veciños que colaboran e ofrecen “as súas especialidades”, e esa participación desinteresada é unha das características da festa. Como cada ano agardan que os produtos estrela sexan as chulas de cabaza e as de chocolate recheas de toffe. O pregón, contra ao mediodía, correrá a cargo do presentador da TVG Terio Carrera, e habrá tamén animación con música tradicional. Na organización agardan repetir o éxito dos anos anteriores. Son moitos os que cada ano se achegan a Moscoso, no Torreiro de Festas da Igrexa, ben para pasar o día e xantar na carpa, ou ben para levar para a casa unha saborosa sobremesa.  

Gloria Peleteiro organizadora
O máis salientable da festa é a participación desinteresada dos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará