Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A horta comunitaria produce a súa primeira colleita ecolóxica

RR_Noticias

En tan só catro meses o traballo coordinado polo colectivo SebGhasoil permitiu recoller a primeira producción de tomates, pementos, leitugas e moitas máis hortalizas e verduras, todas elas producidas de xeito ecolóxico. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no enderezo electrónico senghasoil@gmail.com.

O proxecto arrancaba hai catro meses co obxectivo de que os veciños contaran cun espazo no que cultivar os seus propios alimentos dun xeito ecolóxico. Unha iniciativa que forma parte da filosofía do colectivo Sen Gasoil que entre outros obxectivos busca fomentar a participación e implicación cidadá para lograr unha maior autosuficiencia.
Esta horta situada na rúa dos Fumeiros, coñecida popularmente como rúa dos Canastros, foi impulsada polo Colectivo Senghasoil dentro do proxecto “Redondela en transición”, iniciativa xuvenil financiada polo programa europeo “La Juventud en Acción”. Este proxecto pretende que Redondela se converta e adquira prácticas típicas das “comunidades en transición”, fomentando a participación e implicación cidadá e mellorando social e ambientalmente o noso entorno.
A horta comunitaria segue aberta á participación doutras persoas interesadas en traballar a terra e obter os seus propios alimentos. Para facelo só teñen que enviar un correo electrónico a senghasoil@gmail.com.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará