Haberá saídas dende Cesantes e Chapela todas as fins de semana a partir deste sábado día 7. As reservas pódense facer na caseta de turismo, no teléfono 986 401713, a través do enderezo turismo@redondela.es ou na páxina web http://www.turismoredondela.net
No mes de setembro continúan as visitas guiadas gratuítas á Illa de San Simón, con barcos que sairán dende o peirao de Cesantes e dende Chapela dependendo dos horarios elixidos. As primeiras das saídas previstas serán este mesmo sábado día 7 ás 11:30 horas dende Chapela e ás catro e media da tarde dende Cesantes, frecuencias que se repetirán o domingo día 8. Nas vindeiras semanas están previstas saídas todos os venres e domingos en horario de mañá e tarde a partir do vindeiro día 13. Tamén haberá visitas o sábado 21.
A viaxe e a visita son gratuítas cunha duración aproximada de dúas horas. As reservas poden facerse chamando ao teléfono 986.401.713 en horario de 10:30 a 13:45 e de 17:00 a 20:00, enviando un mail a turismo@redondela.es indicando día e hora solicitados cos datos das persoas insteresadas e un móvil de contacto ou facer a reserva directamente na paxina web de Turismo Redondela.