Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama o arranxo do Campo de fútbol de O Viso

RR_Noticias

Os nacionalistas solicitan, a través dunha moción que se debaterá no pleno que se celebra hoxe ás 20:30 horas, que o goberno local inicie as xestións pertinentes coas diferentes administracións co obxectivo de remodelar o Campo de Fútbol de O Viso ante a “evidente situación de deterioro que presenta”.

Unha situación de deterioro que segundo explican dende o Bloque, levou a algún equipos de categorías inferiores a renunciar a usar estas instalación cuxos “vestiarios no cumpren unhas condicións mínimas de calidade, os accesos están obsoletos, non contan coa supresión de barreiras arquitectónicas, as bancadas son incómodas e presenta un terreo de xogo nun estado de deterioro irreversíbel”.
A agrupación política critica que malia ser o arranxo deste campo de fútbol unha “das prioridades que o PP se marcara en campaña electoral” polo de agora non se ten feito nada por proceder a súa remodelación”.
Ademais do seu arranxo solicitan ao goberno local que inicien os contactos coas diferentes asociacións implicadas para que se ceda ao Concello esta instalación deportiva e a súa posterior xestión.
Intervención en Siria
Por outra banda, e ante a posible intervención en Siria, o BNG presentará unha moción de urxencia solicitando o apoio do grupo para que o Concello de Redondela rexeite dita intervención militar e “aposte pola vía pacífica e democrática para a resolución dos conflitos”. Solicitan tamén que o Concello apoie institucionalmente os actos convocados para expresar a repulsa social ao ataque militar contra Siria, e fai un chamamento á cidadanía deste concello, e á galega en xeral, para “manifestar de maneira masiva e inequívoca nas rúas das vilas e cidades do noso país o rexeitamento a esta nova agresión imperialista”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará