O Multiuso da Xunqueira acolle este venres ás 20:30 horas unha conferencia sobre problemas de aprendizaxe e o tratamento propioceptivo, impartido por dous prestixiosos especialistas e profesores europeos, Alferdo Marino e Patrick Quercia.
Os rapaces e rapazas disléxicos presentan un problema de aprendizaxe da lectura a pesar de ter unha intelixencia normal, da ausencia de trastornos sensoriais ou neurolóxicos, ou dunha educación axeitada. Esa dificultade de aprendizaxe da lectura non se debe a unha falta de intelixencia ou á preguiza, nin á incapacidade dun profesor ou dos programas educativos. A súa orixe exacta é descoñecida. Mais o tratamento propioceptivo preséntase como un complemento ao tratamento psicopedagóxico e logopeda. Un tratamento, que segundo explicaba Manuel García organizador da charla, consiste en “regular o tono muscular dos diferentes múculo que temos no corpo” para permitir o desenvolvemento harmónico da percepción sensorial na infancia. A conferencia de mañá está orientada a todo o público en xeral, con especial atención a aquelas persoas que teñan relación con nenos, como poidan ser os mestres así como pais e nais con nenos que presenten problemas de dislexia ou aprendizaje. Os encargados de impartir a charla serán o médico ortodoncista Italiano Alfredo Marino e o oftalmólogo francés Patrick Quercia.