Un veciño de Mos A.E.A. de 37 anos de idade foi detido na xornada de onte en Cabeiro logo de comprobarse que carecía de carné de conducir malia atoparse ao volante dun Mercedes 220. O condutor perdera o permiso logo de que se lle retirasen todos os puntos.
Os feitos producíanse ás 13:00 horas de onte na praza de Ribadavia cando unha patrulla da policía local advertía o proceder sospeitoso deste individuo, que logo de decatarse da presenza policial reducía a velocidade do seu vehículo sen motivo aparente. Os axentes procederon a comprobara matrícula e observaron que ao seu condutor lle constaba a perda de vixencia do carné pro perda de todos os puntos.
Por este motivo seguiron ao vehículo ao que lle deron o alto xa en Cabeiro e confirmaron que a persoa ao volante era este veciño de Mos que carecía de permiso polo que procederon a súa detención e presentación en comisaría.
Vehículos estacionados no Campo da Feira
Por outra banda, a policía local informa da retirada dun total de 5 vehículos que na mañá de hoxe permanecían estacionados no Campo da feira malia ser hoxe día 6 e, polo tanto, estar reservado este espazo para os feirantes. Os vehículos foron retirados polo guindastre polo que os seus propietarios deberán abonar as taxas correspondentes, por unha banda os 59,80 ao que ascende o pago do guindastre ao que hai que sumar os 200 euros de multa por estaren mal estacionados, suma que se reduce á metade por pronto pago.