Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma tres puntos diante do Ordes cun gol de Roberto Villar en tempo de desconto

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes acadaron a primeira vitoria da temporada nun encontro que rematou cun marcador de 2-1. Os redondeláns aproveitaron ben as ocasións que lle brindou o rival, un dos máis fortes da categoría. Os coruñeses adiantáronse no minuto 11,e Xosé Ramón empatou para o Choco antes do descanso. No segundo tempo, e co Ordes cun home menos, o Choco fíxose co triunfo.

Terceira División
Choco 2-1 Ordes
No último momento, e grazas a un tanto de Berto Villar, o Choco suma o seu primeiro triunfo desta liga na Terceira División. A superioridade numérica da que dispuxeron durante 25 minutos, logo da expulsión de Cea, serviulles para impoñerse. O partido comezou cos de Montes facendo o fútbol que os caracteriza, de toque, e así dominaron o primeiro tempo, aínda que foi o Ordes o que abriría o marcador, ao aproveitar Martín un rexeite de Cortegoso (min.11). Tivo varias ocasións o Choco para empatar cun lanzamento de Albert, que marchou rozando o pau, e cun disparo de Yeray que foi demasiado alto. E tamón os visitantes puideron ampliar a súa renda nunha contra de Capelo, que detivo Cortegoso. Houbo que agardar ata o minuto 40 para mover o marcador, cando Xosé colocaba o balón na escuadra cun lanzamento de falta para anotar o empate. Na segunda parte o Ordes, cun fútbol máis directo, puxo en apuros aos de Montes, pero a situación mudou no minuto 64, cando os coruñeses quedaron cun xogador menos ao ver Cea o segundo cartón amarelo. Os redondeláns recuperaron o control do partido, pero o gol non chegaba, os lanzamentos de Albert, Mario e Yeray non acertaron coa portería. Xa no último momento Caloi inventou un centro desde a dereita para a chegada no segundo pau de Berto Villar, que anotou de cabeza. Uns 350 espectadores foron testemuñas deste triunfo do Choco no campo Graciano Padín de Soutomaior, onde os redondeláns xogan como locais polas obras de reforma en Santa Mariña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará