Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amancio Prada actúa en San Simón dentro do acto “Lembrando a Meendinho”

RR_Noticias

Unha cita cultural que se vai celebrar este sábado ás 18:00 horas en torno á lírica medieval amorosa en San Simón e que contará coa presenza do presidente da Real Academia galega, Xesús Alonso Montero así como doutros destacados literatos. As persoas interesadas en asistir deben reservar praza na oficina de turismo.

A música de Amancio Prada volverá soar en San Simón nesta fin de semana. Xa o fixera no ano 1982 e tres década despois o cantautor regresa a Redondela para ofrecer un concerto que terá lugar este mesmo sábado enmarcado no evento “Lembrando a Meendinho. Lírica Medieval amorosa en San Simón”. Un acto que serve para render homenaxe ao trobador medieval e con el aos primeiros trobadores Galaico Portugueses dos séculos XII e XIII. A xornada, organizada pola Consellería de Cultura e o Concello de Redondela, contará coa presenza do profesor e presidente da Real Academia galega, Xesús Alonso Montero, así como dos literatos Helena Villar Janeiro ou Modesto Hermida entre outros. As persoas interesadas en asistir deben reservar praza previamente na oficina de turismo, na caseta ubicada na Alameda ou ben a través do teléfono 986 401713.  

Julio Alonso Concelleiro de Cultura
O edil fálanos do acto do sábado en San Simón
Reservar praza
A reserva débese facer a través da oficina de turismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará