Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocados sete consellos parroquiais para debater o reparto dos orzamentos participativos

RR_Noticias

Os Consellos parroquiais de Reboreda, Cabeiro, Vilar e Cesantes están chamados hoxe ás 20:00 horas a participar dunha asemblea que terá lugar no Multiusos da Xunqueira e na que o alcalde, Javier Bas, explicará como se vai facer o reparto da partida de 162.257 euros que se destinan aos orzamentos participativos.

Esta partida económica está incluída nos orzamentos municipais recentemente aprobados e segundo o estipulados investirase atendendo ás demandas veciñais. Por este motivo, serán os colectivos que conforman os consellos parroquiais os que propoñan aqueles proxectos ou actuacións que entende máis interesantes e necesarios para cada unha das parroquias.
A reunión estará presidida polo alcalde, Javier Bas, quen será o encargado de trasladarlles aos veciños o xeito no que se vai facer o reparto desta partida.
A xuntanza repetirase mañá xoves tamén ás 20:00 horas aínda que neste caso os Consellos convocados son os de Quintela, O Viso e Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará