Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos e entidades culturais poden solicitar as axudas para a realización de actividades

RR_Noticias

O Boletín Oficial da Provincia (BOP)  publica as primeiras bases para a concesión das subvencións ás entidades culturais elaboradas pola Concellería de Cultura. Os colectivos interesados deben presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello antes do 12 de outubro. As axudas oscilan entre os 600 e os 3000 euros.

O titular Julio Alonso marcárase como un dos obxectivos ao fronte do departamento de cultura a elaboración dunhas bases que permitan o acceso “con criterios obxectivos” ás axudas municipais. Unhas bases que foron publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e que destinan un total de 40.000 euros que serán repartidos entre aqueles centros, asociacións e entidades culturais  para o financiamento de actividades que se desenvolvan ao longo deste ano.
Nestas bases establécense os criterios que rexerán a concesión destas axudas. Así, os proxectos presentados polas entidades concorrentes serán valorados en base ao número de socios do solicitante, a antigüidade da entidades, as actividades realizadas nos últimos anos, o ámbito xeográfico da actuación dependendo de si se desenvolve nunha única parroquia, en varias ou en todo o termo municipal, a consolidación do proxecto e a colaboración con outras entidades. Tamén se apoiará cun punto aquelas actividades dirixidas expresamente ao fomento do uso da lingua galega, as accións de recuperación patrimonial e aquelas actividades dirixidas á mocidade.
En función dos puntos acadados a axuda pode ir dende os 600 euros para aqueles programas que logren entre 3 e 4 puntos e ata os 3.000 euros que se lles concederá ás asociación con máis de 11.
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes no rexistro do Concello antes do 12 de outubro. Toda a información así como os impresos que cada colectivo debe presentar poden atopalo no BOP do 11 de setembro ou directamente a través da páxina web do Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará