A Asociación Cultural Santa María do Viso ofrece na Sociedade de Agricultores da parroquia unha completa programación de cursos relacionados coa música tradicional con clases de gaita galega, pandeireta, percusión, iniciación á zanfona, bouzouki, guitarra e mandolina.
Un ano máis a asociación cultural segue ofrecendo os habituais cursos relacionados coa música tradicional galega como son pandeireta con Luis Prego, percusión tradicional con Josiño da Teixeira, gaita con Manuel Cruces e zanfona con Carlos do Viso. Esta tempada engádese unha nova oferta que consistirá no curso de Bouzouki, Guitarra e Mandolina a cargo de Diego Langarica, achegando a música tradicional e folk galega á corda pulsada.
Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ó teléfono 656.938.058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.