Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio recoñece o labor das Bibliotecas municipais e escolares no fomento da lectura

RR_Noticias

O Proxecto Sumando esforzos pola lectura das Bibliotecas Municipais e Escolares de Redondela ten sido seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para ser presentado no V encontro de Bibliotecas e Municipios que terá lugar o 1 de outubro en Madrid.

Iniciativas tales como o “Baúl viaxeiro” que achegou aos diferentes centro educativos do concello unha maleta cargada de publicacións con referentes ao mundo da banda deseñada ou a iniciativa anual da coñecida como “Bibliocaravana”, que serve para espallar entre os veciños publicacións editadas nas diferentes linguas da península, foron tan só algunhas das actividades que o Ministerio de Cultura tivo en conta á hora de escoller este proxecto das Bibliotecas Municipais e Escolares do noso concello. Un recoñecemento que culminará o vindeiro día 1 de outubro cando sexa presentado en Madrid.  A estrutura deste encontro baséase “na exposición de boas prácticas por parte do responsable da biblioteca e o responsable político”, de xeito que se poida mostrar a importancia do apoio do goberno local para ofrecer un servizo de biblioteca de calidade. O proxecto será presentado pola concelleira de educación, María Teresa París, e directora das bibliotecas municipais, María Elena Becerra e Laura Goldar en representación das bibliotecas escolares así como María José Villar responsable da Axencia de Lectura de Chapela.  

Mª Elena Becerra responsable da Biblioteca
Explica en qué consiste o recoñecemeno do Ministerio
Fomento da lectura
Dende as bibliotecas teñen en marcha moitos proxecto orientados a fomentar a lectura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará