Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incendio en San Martiño de Ventosela

RR_Noticias

O lume producíase ppreto das seis da tarde de onte e dábase por extinguido ás 18:16 horas. Un incendio forestal que afectou a menos dunha hectárea segundo Medio Rural pero que causou unha gran alarma debido á proximidade das lapas a algunhas vivendas do barrio de Vilar do Mato.

Os veciños de Redondela comprobaron onte que o noso concello non está libre da man dos incendiarios. Eran ás 17:55 horas cando se producían os primeiros avisos que advertían da presenza das lapas nas proximidades das vivendas da parroquia de Ventosela. Ao lugar desprazáronse axentes de Protección Civil e da Policía Local así como un axente forestal, dúas brigadas e un camión autobomba. A Consellería de Medio Rural deu por controlado o lume ás 18:16 horas, un incendio que afortunadamente afectou a menos dunha hectárea e que non deixou feridos, malia a súa proximidade ás vivendas. Unhas casas que non foi necesario desaloxar grazas a que o lume foi sufocado rapidamente. O fume podía verse dende calquera punto do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará