Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha visita ao Meirande para culminar unha xornada cultural e deportiva

RR_Noticias

O museo Meirande e a súa contorna será o sábado o espazo que centrará as actividades deportivas e culturais que organizan a Asociación Cultural e deportiva de Rande en colaboración coa de San Vicente de Trasmañó. Dende as 10:00 da mañá e ata as 20:00 horas haberá actividades variadas que inclúen unha visita ao propio museo.

Unha xornada de convivencia na que grandes e pequenos poderán gozar cunha ruta en kaiak pola ría e a enseada de San Simón con saída dende Rande e unha duración aproximada de dúas horas. Dous monitores profesionais serán os encargados de guiar aos participantes que poderán elixir kaiak dobre ou individual así como o horario da actividade. Haberá ademais tiro con arco a cargo do club Meigarco, xogos populares e inchables para os máis pequenos. As visitas ao museo poderán facerse a calquera hora dende as 11:00 ata as 20:00 horas e os asistentes poderán degustar polbo e churrasco a prezos populares. Para participar é necesario reservar praza no número de teléfono 667799389 e pagar 5 euros.  

Roberto Cabaleiro AdcRande
Unha xornada de actividades variadas
Kaiak e tiro con arco
Son algunhas das actividades deportivas do día

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará