Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan do risco de desprendemento dun ciprés nas inmediacións do parque infantil da Xunqueira

RR_Noticias

O BNG solicita ao goberno local que adopte “as medidas oportunas de recuperación e saneo deste exemplar si é posíbel ou, no caso contrario, que garantan a seguridade para os cidadáns que fan uso do parque infantil”.

Os nacionalistas afirman que xa nos meses de inverno podíase apreciar que o Ciprés que se atopa situado detrás do edificio dos Xulgados e a carón do parque infantil de A Xunqueira estaba a padecer algunha patoloxía que provocaba que as súas follas secasen de maneira considerábel, provocando que dita árbore perdese a maior parte da súa follaxe nos seguintes meses.
Engaden que “ao non terse tomado as medidas oportunas a tempo dito proceso estendeuse por toda a árbore provocando a súa decrepitude e evidente estado de seca”, dando como resultado a alarmante situación actual deste importante exemplar vexetal para a nosa vila.
Dadas estas circunstancias cren que a máis que probable morte deste exemplar provocará que tanto as súas ramas como a propia árbore en si, corran risco de desprendemento ou de caída o que suporía un risco para os usuarios do parque infantil que hai nas inmediacións, motivo polo que solicitan a inmediata actuación dos responsables municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará