Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loira Fernández logra cinco medallas nos Campionatos de Natación de Coimbra

RR_Noticias

A nadadora do Racing Club de Chapela acadou un impresionante palmarés nos campionatos de Europa Open de Natación para deportistas con síndrome de down ao lograr subir ao podio en cinco das seis probas nas que participou. Loira conseguiu ademais superar o mínimo en todas as distancias para participar no Mundial que se celebrará en México no vindeiro ano.

Dúas pratas e tres bronces, en total cinco medallas para Loira Fernández que tan só quedou fora do podio en 100 metros. A chapeleira si amosou o seu bo facer en 400 metros acadando a prata, do mesmo xeito que fixera en 200 metros estilos.
Loira Fernández, que na primeira xornada celebrada o xoves xa acadara a medalla de bronce en 100 metros bolboreta, volveu amosar a súa calidade neste estilo e logrou outra medalla de bronce na distancia máis corta, 50 metros. A súa versatilidade quedou tamén patente ao lograr a medalla de prata nos 200 e 400 metros estilos. Unha brillante participación nestes xogos de Estarraje que pechaba onte coa terceira medalla de bronce e quinta en total en 200 bolboreta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará