Co fin de informar sobre este proceso de recompilación dos nomes de lugar, o profesor redondelán Xosé Couñago Ribeira impartirá unha charla este xoves día 26 ás 20:30 horas no Centro Cultural de Cabeiro baixo o título “Os nomes de lugar, patrimonio inmaterial da parroquia”.
O Servizo de Normalización Lingüística retoma os traballo de recuperación da mocrotoponimia a través dun traballo que van desenvolver os técnicos da cooperativa Trespés nas parroquias de Cabeiro e Vilar de Infesta. Co fin de informar sobre este proceso e sensibilizar a poboación destas parroquias sobre a importancia dos nomes de lugar como parte do noso patrimonio vanse desenvolver senllos relatorios impartidos pos Xosé Couñago baixo o título “Os nomes de lugar, patrimonio inmaterial da parroquia”. Membros de trespés explicarán como se vai desenvolver o proceso de recollida a solicitarán a implicación dos veciños en todos este proceso de posta en valor dos nomes de lugar. O pasado ano realizouse a recollida da microtoponimia en Saxamonde e Negros. Os resultados destes traballos de recuperación e xeorreferenciación van ser expostos en breve nos dous centros culturais destas parroquias, co fin de que a veciñanza poida corrixir ou completar a información recollida neses mapas. Os relatorios vanse desenvolver mañá xoves ás 20:30 horas no Centro Cultural de Cabeiro e o xoves 3 de outubro no Centro Social e cultural de Vilar de Infesta.