Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP recoñece que “operarios municipais tiveron que colaborar na limpeza da piscina de Chapela”

RR_Noticias

O goberno local asegura que a colaboración na limpeza do Centro de Deportes acuáticos nos días previos á inauguración das instalacións fíxose para evitarlle un custe económico ás arcas municipais xa que, segundo explicou a edil Teresa París, a empresa construtora xa cumprira coas súas obrigas ao limpar as instalacións con anterioridade ata en dúas ocasións “coincidindo coa pseudoinauguración do 2011”.

A concelleira do PP daba estas explicacións no último pleno municipal a raiz dunha pregunta presentada polo PSOE. O grupo socialista solicitaba explicacións de por qué operarios do Concello realizaron tarefas de limpeza nas instalacións da piscina de Chapela días antes da súa inauguración cando, segundo explicaba a socialista Digna Rivas “debería ser a empresa encargada da súa explotación” quen se ocupara destes traballos. A edil popular recoñecía que os operarios municipais realizaran esa labor e engadía que o motivo foi precisamente que a empresa construtora xa cumprira co seu contrato “ao limpar ata en dúas ocasións ditas instalacións motivo polo que non tiñan que asumir novamente ese traballo. Engadía Teresa París que para evitar custe maiores a limpeza realizárona operarios da empresa adxudicataria do servizo, Aqualia conxuntamente con traballadores do concello.  

Digna Rivas PSOE
Os socialistas preguntaaron polos traballos de limpeza na piscina de Chapela
Teresa París PP
Os populares aseguran que a empresa construtora xa realizara as dúas limpezas ás que estaban obrigados por contrato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará