Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sumando esforzos pola lectura, un proxecto baseado na colaboración

RR_Noticias

As representantes das bibliotecas municipais e escolares quedaron sen tempo para presentar no Ministerio de Cultura as diferentes iniciativas englobadas dentro do proxecto Sumando esforzos pola lectura seleccionado polo Ministerio para ser presentado no V encontro de bibliotecas e municipios celebrado onte en Madrid. Un proxecto no que se enmarca tamén a iniciativa “Contos nas ondas e na onda” en colaboración coa Radio municipal.

Era moito o que había que contar e pouco o tempo do que se dispoña. Malia todo as representantes das Bibliotecas Municipais e escolares do municipio tentaron trasladar a idea de que Sumando esforzos pola lectura e implicando a diferentes persoas e entidades pódese favorecer a promoción de lectura entre grandes e pequenos. Un proxecto ao que se suma tamén esta emisora coa iniciativa “Contos nas ondas e na onda” do que falaba a responsable da axencia de lectura de Chapela, María José Villar. Previamente interviu neste V encontro de Municipios e provincias celebrado onte en Madrid a Concelleira Teresa París, quen salientou o factor humano como piar imprescindible para que este tipo de proxectos saian adiante. Dende as bibliotecas escolares Laura Goldar explicou tamén que estas actividades colaborativas serven para visibilizar iniciativas que deste xeito poden chegar a un público maior e saír das propias aulas. Iniciativas tales como o “Baúl viaxeiro” que achegou aos diferentes centro educativos do concello unha maleta cargada de publicacións con referentes ao mundo da banda deseñada ou a iniciativa anual da coñecida como “Bibliocaravana”, que serve para espallar entre os veciños publicacións editadas nas diferentes linguas da península, ddas que falou a responsable da Biblioteca de Redondela, Mª Elena Becerra foron tan só algunhas das actividades que o Ministerio de Cultura tivo en conta á hora de escoller este proxecto.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Fala da colaboración entre a biblioteca e a radio
Teresa París Concelleira de Ensino
Salientou a importancia do factor humano
Laura Goldar bibliotecas escolares
Un traballo que sae das aulas
Mª Elena Becerra biblioteca Redondela
A bibliocaravana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará