Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia que a falta de limpeza na pista da Xunqueira provoca o seu anegamento

RR_Noticias

A pista de cemento estaba onte cuberta de auga, unha situación que segundo os socialistas débese a que “follas e lixo se acumularon nos caños e non foron retiradas a tempo ante a chegada das choivas” motivo polo que esixen que esta limpeza se realice de xeito inmediato para evitar que a situación se repita.
 

Apuntan dende o PSOE que normalmente, cando as choivas chegan e caen con forza en Redondela, a pista da Xunqueira énchese de auga, creando algúns charcos, sobre todo na zona das porterías. Os primeiros raios de sol fan que esta pista, acostumada a secar rapidamente, permita que os nenos e nenas gocen do deporte con seguridade.
Sen embargo “a falta de limpeza nos tubos de desaugue fixo que onte, cun día soleado, a pista da Xunqueira parecese unha piscina”. A auga, que nalgúns puntos chegaba a ter varios centímetros de altura, ocupaba a meirande parte deste campo de cemento algo que non é nada habitual. O motivo segundo explican “son as moitas follas e demais lixo que se acumularon nos caños e que non foron retiradas a tempo ante a chegada das choivas outonais”.
Por este motivo esixen a limpeza dos canos de desaugue canto antes para que a pista volva a normalidade e os veciños e veciñas poidan dispoñer dela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará