Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros prepárase para degustar as súas mazás

RR_Noticias

Logo de dúas semanas de traballo Santo Estevo de Negros acolle esta fin de semana a XVIII edición da festa da mazá. Atrás quedaron xornadas de intensa actividade nas que 40 persoas da parroquia participando recollendo as mazás doadas polos veciños domicilio a domicilio e elaborando a sidra que se porá a venda nas casetas de degustación.

Hai preparados xa 3.500 litros de sidra que servirán para acompañar os pratos de costela con mazá, o chourizo a sidra ou a empanada de bacallao con mazá. Todo elaborado con mazás recollidas no propio val da parroquia, un froito que malia as previsión iniciais foi máis abundante do esperado e, segundo explicaba o presidente da comisión de festas, Emilio Antón, “de moi boa calidade”. Os stands de degustación estarán abertos o sábado a partir das 17:00 horas e durante toda a xornada do domingo, día grande do evento no que haberá actuacións a cargo do grupo de gaitas Alvarado de Vilar, o grupo de baile galego Airiños de San Simón e as pandereteiras Anaquiños de Chapela. Nesta edición o pregón correrá a cargo do ciclista marcos Sérrano, o domingo ás 12:30 horas.  

Emilio Antón presidente da Comisión de fesas
Calidade e cantidade neste ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará