Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ampliación da ponte de Rande comezará en 2014

RR_Noticias

O presidente do grupo Itínere anunciou que a concesionaria da AP-9 prevé lograr financiamento para a obra de ampliación da Ponte de Rande entre finais de 2013 e principios de 2014, de modo que os traballos comezarían o ano que vén. O presidente do grupo cifrou nuns 300 millóns de euros o investimentos previsto na autoestrada.

Pedro Pérez subliñou que a tramitación do proxecto foi “lenta” pero que, xa no principio de ano, quedaron resoltos os principais problemas técnicos: as dúbidas sobre o impacto ambiental ou o funcionamento da infraestrutura mentres se executan os traballos. A empresa está pendente da autorización do CNMV, tras recibir o visto e prace das direccións xerais de Tesouro e Tributos, xa que a obra financiarase inicialmente coa emisión de obrigacións, sometidas a unha fiscalidade especial. O presidente do grupo facía fincapé en que este tipo de actuacións son “caras” e cifrou nuns 300 millóns de euros o investimento previsto en actuacións na AP-9. A partir de aí, iniciaríase a tramitación para sacar a obra a concurso público seguindo a normativa europea. Segundo Pedro Pérez, a ampliación da ponte de Rande, unha obra “que a concesionaria persegue desde hai tempo”, poderá iniciarse o ano próximo e será “unha obra espectacular de enxeñaría”, xa que se fará sen interromper o tráfico na ponte nin un só día.    

Pedro Pérez presidente de Itinere
Unha obra "espectacular"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará