Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Especialistas en artrite imparten un seminario en Chapela

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela acolle este sábado un congreso sobre a artrite no que intervirán expertos nesta enfermidade achegándolles aos asistentes os diferentes tratamentos empregados para tratar esta doenza crónica e paliar os seus efectos.

A Asociación de Artrite de Santiago é a encargada de organizar este congreso que se vai desenvolver mañá sábado no Multiusos de Chapela en horario de 11:00 a 13:00 h. Ao longo de dúas horas expertos en reumatoloxía e pacientes abordarán diferentes aspectos relacionados con esta enfermidade crónica.
O acto contará coa presenza do reumatólogo do hospital Meixoeiro de Vigo, José María Pego Reigosa quen falará sobre a eficacia e seguridade dos tratamentos biolóxicos en artrite. A continuación será a quenda de Marcos Sanmartín, médico cirurxián do Hospital Povisa quen abordará o tratamento cirúrxico na artrite e artrose de mans e finalmente será aquenda para o fisioterapeuta do Hospital Xeral Cesar de Ceglia Alcalde quen disertará sobre a fisioterapia en mans.
A continuación os expertos debaterán e atenderán as preguntas do públicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará