O equipo de Redondela fíxose cos puntos nun encontro ante o Tui que rematou co resultado de 5-4. Boa primeira parte para os locais que nos últimos minutos de partido amosaron excesivos nervios e imprecisións que fixeron perigar a vitoria.
Un encontro disputado na bomboneira e que comezaba ben para os locais. Borja adiantaba con dous goles aos seus que se puñan por diante 2-0 no marcador. A partir dese intres os redondeláns comezaron a dubidar no xogo, chegándose ao descanso cun 5-3.
O segundo tempo estivo marcado polo dominio do Redondela que malia ter o balón non lograban concretar. Unha situación que lembraba á tempada pasada e que provocou que a falta de tan so seus minutos unha falta de Naka, por non sacar dentro dos catro segundos regulamentarios, permitira que o Tui se puxera a tan só un tanto do Redondela
O resultado final de 5-4 permite ao fútbol sala local facerse cos puntos do encontro.
Na próxima xornada os de Julio Mougán, décimos na categoría, desprázanse ao campo do Verín.