Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco ponllo difícil ao Cerceda

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes trataron de igual a igual a un dos grandes favoritos para meterse na loita polo ascenso. Mesmo tiveron ocasión de facerse cos tres puntos, aínda que tamén o Cerceda tivo oportunidades para gañar o encontro. Finalmente reparte de puntos nun partido sen goles que deixa aos redondeláns na oitava posición da Terceira División, como claro aspirante a manter a categoría.

Terceira División
Cerceda 0-0 Choco
Que o rival era forte non era algo descoñecido, pero que o Choco ía saír a loitar o partido tamén estaba claro. E así foi, os xogadores de Jacobo Montes fixéronlle fronte ao que ata sábado era líder do grupo, e deixaron moi boas sensacións. Curri e Yerai tentaron desbordar ao Cerceda en varias ocasións, e houbo opcións de estrear o marcador no 21 un tiro de Anxo desde a esquerda que saiu fóra por moi pouco e 3 minutos máis tarde Curri mandou un balón a Diego López e este desviou o balón por moi pouco. Na segunda parte, o Choco foi baixando o ritmo por esgotamento e foi cando o Cerceda puido facer goles, pero as oportunidades creadas non se materializaron. Peloto, a asistencia de Granada, tirou a porta pero o balón foise rozando o pau. Ao rexeite desde córner, Peque xutou de primeiras, e saiu fóra por pouco. No últimos dez minutos os locais gozaron de varias ocasiones pero o gardameta do Choco neutralizounas todas. Ao final reparte de puntos nun partido sen goles, un resultado que deixa aos redondeláns na metade alta da táboa, na 8ª posición. A próxima fin de semana xogarán como locais diante do Vilalbés. Será no Graciano Padín de Soutomaior, xa que as obras de mellora no Campo de Fútbol de Santa Mariña aínda non están rematadas.
Segunda Autonómica
San Miguel 2-1 Choco B
O filial do Choco non puido co San Miguel, que foi máis eficaz de cara a portería. A derrota deixa ao Choco B no 6º posto da táboa, e a próxima xornada volven xogar fóra, no campo do Santa Mariña.
Soutomaior 1-3 Vilagarcía
O Vilagarcía fixo valer a súa calidade no partido, e demostrou o por que da súa posición na táboa. A derrota fai baixar ao Soutomaior ata a 15ª posición da táboa. O domingo xogarán no campo do Chispa.
Bueu 1-1 Arcade
Reparto de puntos entre o Arcade e o Bueu nun encontro no que quedou patente a igualdade entre os dous conxuntos. O resultado deixa ó Arcade como 11º do grupo, e o domingo reciben ao Marín.
Terceira Autonómica

Vilaboa 3-1 Cesantes
O Cesantes sufriu a superioridade do Vilaboa, que encabeza a clasificación. A derrota deixa ós redondeláns na metade baixa da táboa. A próxima xornada recibirán ao San Andrés.
Mosende 0-0 Chapela
Reparto de puntos nun partido sen goles que deixa ao Chapela na 5ª posición do grupo. O domingo reciben na casa ó Alcabre.
Fortuna 1-4 At. Vilar
Os de Redondela lideran a clasificación logo de golear ao Fortuna a domicilio. O domingo xogarán no campo do Pereiro.
Nespereira 0-2 Atios B
O Nespereira perdeu o seu primeiro partido como local, e baixa á 5ª posición da táboa logo de comezar a liga na cabeza da clasificicación. O domingo xogarán no campo do Caselas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará