Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Divulgar para conservar: tres rutas para coñecer o Monte Penide Prehistórico

RR_Noticias

O obxectivo dos promotores do proxecto perseguen divulgar a riqueza do lugar porque ao seu entender é o primeiro paso de cara a asegurar a súa conservación. Nese camiño, ademais das ferramentas que se poden atopar na rede no enderezo montepenideprehistorico.com vense de publicar unha guía que suxire aos visitantes tres rutas alternativas pola necrópole tumular, a ruta da arte rupestre e os petróglifos e a ruta castrexa.

Tres roteiros diferentes de dificultade media ou baixa  que permiten aos que se acheguen a este espazo coñecer de xeito ordenado algúns dos xacementos que se conservan neste monte e que o converten nun dos máis importantes de Galicia. A Mámoa do Rei, a necrópole de Chan da Cruz, os petróglifos do castro de Negros e así ata preto de 80 restos arqueolóxicos xa catalogados. A maiores, os visitantes poderán gozar das emblemáticas vistas sobre a ría de Vigo e a Enseada de San Simón. Ademais de divulgar esta riqueza a través da web o traballo completouse cunha sinalización in situ, aínda que os promotores insisten en que o obxectivo non é crear un museo no lugar senón dalo a coñecer para garantir a súa conservación de cara ao futuro, segundo explicaba Xurxo Constenla, director dun proxecto que se completa coa publicación dunhas guías que recollen toda a información que tamén se pode atopar na Internet. No mesmo sentido se manifestaban a profesora titular de arqueoloxía da USC e experta en cultura castrexa, Pepa Rey Castiñeiras, e o director do PAAR (Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro), J. Manuel Rey García quen participaron do debate co gallo da presentación do proxecto. Pola súa banda dende Alén Nós, Andrés Laxe lembraba como este colectivo leva máis dunha década traballando na recuperación e conservación deste restos arqueolóxicos cuxa relevancia é patente se temos en conta entre outras cuestións que son máis antigos que as propias pirámides de Exipto O alcalde Javier Bas lembraba que o investimento realizado foi de 55.000 euros e salientaba que esta actuación forma parte dun proxecto turístico máis amplo que engloba a posta en valor da illa de San Simón e a apertura do museo Meirande  

Xurxo Constenla coordinador do proxecto
Entende que é impresindible educar e informar
Pepa Rey titular de arqueoloxía da USC
Entende que en xeral a xente é respectuosa
Manuel Rey García director Campo Lameiro
Un museo ao aire libre
Andrés Laxe Alén Nós
Unha reivindicación que ven de lonxe
Javier Bas alcalde
O rexedor falou da importancia do proxecto a nivel turístico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará