Asociación Cultural e Social de Chapela organiza un curso de Lingua de Signos Española. O obxectivo do mesmo e dar a coñecer a Lingua de Signos empregada polas persoas xordas e por aquelas que teñen algunha dificultade para adquirir a linguaxe oral. No obradoiro afondarase tamén nun idioma novo, na súa cultura e nas suas características.
O taller estará impartido por unha mestra de Educacion Especial, cunha ampla experiencia en comunicación a través da Lingua de Signos Española e outros sistemas de Comunicación Alternativa.
O curso impartirase en dous niveis, un para persoas que descoñecen por completo esta lingua e outro para aquelas que xa tivesen contacto coa mesma. As prazas serán limitadas.
As persoas interesadas poden inscribirse e ampliar a información no teléfono 986452244 e no mail culturaldechapela@hotmail.com así como nas oficinas da Asociación Cultural no Multiusos de Chapela