Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela deixa escapar a vitoria nos últimos segundos do partido

RR_Noticias

Un encontro disputado ante o Sinfín no pavillón da parroquia de Chapela e que rematou con empate a 28 goles. Os locais deixaron escapar un punto nos últimos segundo do partido malia dominar boa parte do encontro. Pola súa banda a Sar caía na súa visita a Lavadores. Perdía ante o Cinco Jotas por 26 goles a 30.

O Chapela deixou escapar un punto nos últimos segundos do partido disputado este sábado no pavillón da parroquia. Un encontro desigual no que comezaron dominando os visitantes, pasaron a dominar os locais e a igualdade marcou os últimos minutos do encontro, unha igualdade que se traduce nun empate a 28 goles.
Un empate que deixa aos de Fran Teixeira no decimo terceiro posto da categoría. Unha mala situación para afrontar a vindeira semana un dos partidos máis difíciles neste inicio da liga, xa que xogan fora da casa e desprázanse ademais ao campo do lider, o Barcelona B.
En primeira nacional, a Sar caía na súa visita ao campo do Cinco Jotas. Un partido disputado no pavillón de Lavadores con dúas fases ben diferenciadas. Unha primeira na que a iniciativa foi para os de Redondela e unha segunda na que foron os vigueses os claros dominadores converténdose o seu gardameta no protagonistas do encontro. Un partido que remataba co resultado de 26-20. Malia todo os de Redondela mantéñense nos primeiros postos da táboa. Son segundos empatados a puntos co líder, o Atlético Novás. Dende esa cómoda posición reciben na vindeira semana ao Cisne.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará