Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a pasividade do goberno local ante os traballos nocturnos nas obras do AVE

RR_Noticias

A Agrupación de Electores lembra que “malia estar completamente prohibido” se continúa a traballar en horario nocturno nas obras do AVE en Santo Estevo de negros.
Critican ao goberno local por “permitir que a empresa incumpra as normas de xeito reiterado sen lle aplicar as sancións que corresponden”.

AER conta cun vídeo gravado por un veciño da zona de Negros no que se aprecia a algúns operarios realizando traballos preto da medianoite así como o movemento de diferente maquinaria no lugar malia que está totalmente prohibido traballar en horario nocturno.
Responsabilizan desta situación ao goberno local por non ter actuado malia terlle informado “en numerosas ocasións tanto na comisión de seguimento das obras, como no pleno, por rexistro e oralmente de que isto está a acontecer”. Critican ademais que o goberno municipal se escude no descoñecemento da normativa que prohibe estes traballos para non facer nada ao respecto e esixen que se apliquen as sancións que correspondan a aquelas empresas que non cumpren as normativas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará