O bloque considera que o anuncio dun novo investimento de 650.000 euros para a edificación das bancadas e vestiarios no complexo deportivo de Santa Mariña “obedece a intereses electoralistas”. Critican que se estea actuando “sen ningún tipo de planificación” e que se invistan cantidades millonarias nunha única actuación “cando se están deixando de lado outras instalacións no Concello”. Acusan a Javier Bas de querer converter Redondela en patrimonio de Louzán.
A publicación no Boletín Oficial da Provincia dunha nova partida de 650.000 € procedente da Deputación para a construcción dunhas novas bancadas no campo municipal de Santa Mariña supón para o BNG “un claro exemplo de electoralismo do goberno municipal”.
Esta segunda inversión súmase aos máis de 500.000€ empregados na renovación de dous terreos de xogo, nesta mesma zona. Para a organización nacionalista, o que pretende o alcalde “é centralizar e saturar un espazo como o de Santa Mariña, con claros tintes electoralistas”
Engaden os nacionalistas que se está a actuar “sen ningún tipo de planificación e sen racionalizar o investimento público” que ao seu entender “debería vir abalado polas demandas e necesidades de todo o concello na vez de converterse nun novo exemplo de malgasto dos cartos públicos”
Finalmente recordan dende o BNG que a Deputación está a investir cantidades millonarias nun única infraestructura deportiva municipal cando hai outras instalacións que “se está deixando de lado” malia que os 1.200.000€ que finalmente se invertirán poderían sufragar a mellora doutras instalacións como nos casos do campo de fútbol de O Viso e Vilar.