Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle un taller gratuíto sobre o cooperativismo como alternativa para o emprego

RR_Noticias

Baixo o título “O Modelo Cooperativo como empresa, outra forma de emprender” a docente Pilar Alves serán a encargada de impartir este obradoiro que terá lugar o día 22 de outubro en horario de mañá no Multiusos. A través deste taller preténdese dar a coñecer a cooperativa como unha alternativa válida e viable para o autoemprego en calquera sector.

Trátase dunha xornada formativa gratuíta e presencial que vai dirixida ao público en xeral pero que resultará de especial interese para persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social e persoal das administracións públicas locais relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local A Xornada que se celebrará o dia 22 de outubro no Edificio Multiusos da Xunqueira de Redondela, en horario de 10:30 a 14:00 horas, será impartida por Pilar Alves que forma parte do equipo docente da Federación de cooperativas de Sinerxia. Contarase tamén co relatorio dunha das socias fundadoras de Nornas S. Coop, o que permitirá coñecer de primeira man como desenvolver un proxecto baixo esta fórmula As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude ao enderezo ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar ao teléfono 986 42 33 66. A actividade está organizada pola Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo.  

Arancha Prieto Técnica Mancomunidade de Vigo
Explica en que consiste a xornada
Cooperativas en todos os sectores
Os beneficios fan que os traballadores opten polas cooperativas como forma de autoemprego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará