Efectivos do Grumir víronse obrigados a actuar na xornada de onte en varios puntos do concello por mor das bolsas de auga acumuladas nas estrada N-552 e N-555 que dificultaban a circulación. Hoxe procederán a retirar unha árbore que caía sobre o tendido eléctrico en Trasmañó. No centro da vila foi a Avenida Mendiño a estrada máis afectadas polas chuvias e producíronse apagóns do alumeado público en Santa Mariña, Alfonso XII e rúa Ribeira.
Fortísimas precipitacións nas últimas horas, sobre todo na tarde noite de onte, que malia todo non deixaron importantes danos no noso concello. Sí se producía a caída dunha árbore no Camiño das Pedriñas en Trasmañó que obrigaba a actuar aos efectivos do Grumir. A estas horas está prevista que se proceda a retirar dita árbore que se atopa apoiada no tendido eléctrico e de telefonía logo de que caera sobre o cableado por mor dos frotes refachos de vento.
Un servizo de emerxencias que na tarde de onte tivo que proceder ao levantamento de arquetas e posterior limpeza, xa que a acumulación de pedras e follas tanto na N-552 á altura da rotonda de Rande como na N-555 a Peinador provocou que se formaran bolsas de auga no firme co conseguinte perigo para os condutores.
No centro da vila foi a Avenida Mendiño a estrada máis afectadas polas chuvias e producíronse apagóns do alumeado público en Santa mariña, Alfonso XII e rúa Ribeira.