Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O incremento no IBI, un “pau” para moitas familias

RR_Noticias

O pago da “contribución”, como é coñecido tradicionalmente o Imposto de Bens Inmobles, supuxo este ano un notable incremento para moitos veciños de Redondela. Nalgúns casos o incremento ronda o 10%, mentres que noutros chega ata o 30%, aínda que tamén hai inmobles que apenas viron incrementado o imposto. Isto explícase pola revisión catastral do ano 2005, que afectou de maneira desigual ás vivendas e fincas en función das súas características.

Entender como se calcula o imposto, é certamente algo complexo, e o que acaban percibindo os veciños é que os seus recibos, na maioría dos casos, soben. Manuel, que ten varias propiedades na zona do Muro, non fixo contas exactas do que supuxo o incremento deste ano, pero calcula que ao redor dun 25%. Tomás, un mozo de Redondela, tamén se lamenta da suba dun 10% que experimentou o recibo do seu pequeno piso de 60 metros cadrados, que considera “excesivo”. Para outros o recibo non sufriu variacións, é o caso de Jose Manuel, veciño do Viso, que se considera un “afortunado”, xa que a moitos dos seus veciños o recibo incrementóuselles en máis dun 30%, o que cualifica de “animalada”. Case se podería pensar que a suba ou non do recibo responde ao factor sorte, pero nada máis lonxe da realidade. O Imposto de Bens Inmobles é un tributo directo, real, obxectivo e periódico que grava a propiedade. O IBI incide sobre todos os bens inmobles, pero hai diferencias segundo sexan propiedades rústicas ou urbanas. O imposto baséase no valor catastral da propiedade, que se calcula en función do valor do solo máis o valor da construción da vivenda, e que varía segundo a súa ubicación, metros cadrados, antigüidade, materiais, etc. Ese valor incrementouse para moitas propiedades de Redondela a raíz da revisión catastral de 2005, xa que antes tiñan unha tasación baixa e antiga. Unha situación que xustifica Maribel, que considera “normal” que os recibos suban para aqueles propietarios que estaban a pagar valores moi baixos, xa que o imposto non se axustaba “á realidade”. Con todo, comparte “o malestar” daqueles que sufriron grandes incrementos “de repente”, xa que entende que a suba debería ser “gradual”, con revisión periódicas do valor catastral. Iso é que o demanda tamén o grupo municipal do PSOE, que no próximo pleno pedirá que se faga unha revisión catastral e se rebaixe o imposto “ao mínimo legal”. Desde o Servizo de Recadación Municipal explica que no Concello de Redondela ese imposto ten xa “moi pouca marxe de rebaixa”. O tipo que se aplica en Redondela non só non subiu nos últimos anos, senón que baixou do 0,54% en 2007, ata o 0,44% que se aplica desde 2010, preto do mínimo legal. De feito é moito máis baixo que noutros concellos veciños como Vigo, onde se para o 0,78%.  

Tomás propietario dun piso
Este mozo considera que o aumento no reibo de IBI é demasiado elevado.
Manuel veciño do Muro
Este veciño pagou ao redor dun 25% máis polas súas propiedades.
Jose Manuel do Viso
Considérase un afortunado porque ao contrario que aos seus veciños non lle subiu o recibo.
Maribel xusifica o incremento
Esta veciña entende que é preciso actualizar o valor das propiedades para axustarse á realidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará