Partindo da historia vital de Grozdan Aleksandrov Dundalov “Tozo”, a compañía Producciones El Zurdo presenta en Redondela a comedia neorrealista SOS que se poderá ver este sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
“Tozo” é un músico chegado dende Bulgaria que entrou a formar parte da compañía logo de anos sobrevivindo como músico de rúa. Xa como integrante de Producciones El Zurdo o resto do electo coñece o seu periplo vital que, como froito dunha historia de amor, levan a Tozo a abandonar o seu país de nacemento e afincarse en Madrid. As súas vivencias, os problemas burocráticos á hora de legalizar a súa situación, o baleiro legal co que se atopa no seu día a día forman parte desta comedia que deixa outra mirada á actualidade que nos toca vivir. A compañía ten ademais unha importante presenza redondelá nas usas filas pasando polo propio director Luís Crespo, a música de Nando Lago ou a escenografía saída dun taller de A Portela. O prezo da entrada para asistir a esta representación é de 4 euros para o público en xeral, 2 euros para estudantes e xubilados. A billeteira abrirase dúas horas antes do inicio da función.